Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa de Lecer Primavera 2016 - Fórum

Convocatoria da nova tempada de outono do Programa de Lecer que se oferta no Fórum Metropolitano. NÚMERO DE SORTEO: 602. Pode consultar o resultado no arquivo adxunto.

A quen vai dirixido?:

Público en xeral

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 05/01/2016 ata o 31/01/2016

Xa rematou

Duración:

De febreiro a maio de 2016

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

30 € por obradoiro (maiores de 65: 21 €).

Organiza:

IMCE

Documentos:

Programa de lecer Primavera 2016 (1 MB)

Resultado do sorteo (110 KB)

O Programa de lecer que se oferta no Fórum Metropolitano, ten por obxecto dar alternativas ao tempo libre dos cidadáns levando a cabo propostas innovadoras con actividades que, por unha banda, fomenten a formación da cidadanía con accións culturalmente enriquecedoras utilizando a cidade e todos os recursos que esta nos ofrece, incrementando a demanda cultural e o coñecemento da oferta da cidade, e, por último, fomentar a convivencia e a sociabilidade das persoas participantes.

Poden consultar a oferta de obradoiros no arquivo pdf que se adxunta.

Os pasos para dar para poder participar son os seguintes:

- 11 e 12 de xaneiro --> Inscrición de continuidade:

Na conserxaría do Fórum, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h. Para formalizar a inscrición, será necesario abonar en efectivo o importe do obradoiro correspondente, ademais de ter a sistido a un mínimo do 50 % das sesións de outono.

- 13 e 14 de xaneiro --> Preinscrición, que se poderá realizar de dúas formas:

  • Na conserxaría do Fórum, de 9:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.
  • Telemática, tal e como se indica a continuación, entre o 13 de  xaneiro ás 9:00 e o 14 de xaneiro ás 20:00 h.

PASOS A SEGUIR NA INSCRICIÓN TELEMÁTICA

1. Descargar o arquivo excel que se adxunta.

2. Cubrir unha ficha por participante e completar unicamente os campos resaltados en amarelo, seguindo as instrucións que se achegan na propia ficha.

3. Unha vez cubertos os campos obrigatorios, GARDAR os cambios antes de pechar o documento. Poñer como nome do arquivo o nome completo do participante preinscrito e envialo por correo electrónico á seguinte dirección: forumocio@coruna.es

Se varias persoas desexan preinscribirse xuntas para obter números correlativos de cara ao sorteo, deberán mandar unha ficha por persoa pero todas xuntas nun único correo, sen esquecerse de achegalas todas.

NOTA: Todas as preinscricións que non estean debidamente cubertas non serán tramitadas, e todos os correos enviados antes ou despois dos días e horas indicados, tamén se considerarán fóra de prazo. Do mesmo xeito, non envíe máis dun correo e unha ficha por persoa, xa que as solicitudes duplicadas tampouco serán tramitadas.

4. Nun prazo non superior a 24 horas seralles enviado un correo electrónico á conta que vostedes utilicen para contactar connosco, no que se lles comunicará o número de preinscrición adxudicado. Se pasadas esas 24 horas (nunca antes) non recibiron contestación, por favor póñanse en contacto co persoal responsable nos centros. Non borren os correos enviados ante posibles contratempos que se poidan producir co fin de solucionar problemas que poidan xurdir.

- 15 de xaneiro ás 10:00 h --> Sorteo, na conserxaría do Fórum.

- 19 de xaneiro--> Publicación de listaxes no Fórum, en internet e no 010.

- 19 e 20 de xaneiro--> Inscrición e abono

- 21 e 22 de xaneiro--> Chamarase ás persoas en lista de espera

- 25 e 26 de xaneiro--> Formalización da inscrición polas persoas avisadas da lista de espera.

- A partir do 28 de xaneiro --> Inscrición libre en obradoiros con prazas vacantes.

- Inicio dos obradoiros: a partir do luns 1 de febreiro.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión