Concello da Coruña

Concello da Coruña

Poetas di(n)versos: primavera 2014

As novas citas mensuais co mellor da poesía galega e do resto do mundo chegarán con autores dende o mar nunha ambiciosa programación trimestral.

Cando:

Os días 12/05/2014 ás 20:00 , 09/06/2014 ás 20:00 , 14/04/2014 ás 20:00

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Libre ata completar capacidade.

Inaugurado a comezos do pasado outubro cun dos máis influentes poetas da China contemporánea, o ciclo POETAS DI(N)VERSOS continua a súa programación que encherá as próximas citas de abril, maio e xuño.

Deste xeito, a oferta poética dirixida pola escritora e dinamizadora cultural Yolanda Castaño e promovida pola Concellería de Cultura da Coruña, continúa mostrando algunhas das mellores voces da poesía actual tanto galega coma do resto do mundo. E faino sempre en lecturas dobres, abertas e gratuítas, de aproximadamente unha hora de duración, realizadas mes a mes no Auditorio do Centro Ágora e conducidas pola propia Castaño, como sempre en luns e como sempre ás 20.30 h.

Os recitais deste novo trimestre comezarán xa o próximo 14 de abril, con María Eloy-García e Iolanda Zúñiga; continuará o 12 de maio, con Ming Di e Armando Pexegueiro; e, por último, 9 de xuño, con Adonis e Manuel Álvarez Torneiro.

O ciclo seguirá facendo unha decidida aposta polas librerías de barrio, que poñerán á venda en cada acto os títulos dos e das protagonistas. As persoas asistentes poderán levar, así, sinaturas dos autores nos exemplares dos seus libros. Os novos retallos constituirán máis ocasións de establecer entre lectores/as e poetas un contacto directo, humano e cheo de emoción.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión