Concello da Coruña

Concello da Coruña

Paseos pola Coruña literaria - Outono 2016

PASEOS POLA CORUÑA LITERARIA 2016 os sábados 24 de setembro, 15 de outubro, 29 de outubro e 12 de novembro

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 24/09/2016 ata o 12/11/2016, os sábados

Xa rematou

Horario:

-Sábado 24 de setembro (12.00-13.30 h)

-Sábado 15 de outubro (12.00-13.30 h)

-Sábado 29 de outubro (12.00-13.30 h)

-Sábado 12 de novembro (12.00-13.30 h)

Duración:

Unha hora e media

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

De balde, con inscrición previa

 

Requisitos:

Inscrición previa (55 prazas, en cada paseo). Maiores de 16 anos.

Hai moitas formas diferentes de pasear a cidade. Nesta ocasión, seguirémolo facendo a través de paseos pola Coruña da man das propias autoras e autores que escribiron obras ambientadas na nosa cidade: Xosé Duncan, Lucía Aldao, Eli Ríos e Xulio López Valcárcel.

O sábado 24 de setembro, en colaboración coa AELG (Asociación de Escritoras-es en Lingua Galega), retomamos estes paseos que xa comezamos en 2014 e que tanta demanda tiveron entre a cidadanía.

 

Os 4 seguintes paseos que imos realizar son:

-Sábado 24 de setembro (12.00-13.30 h): paseo con Xosé Duncan

-Sábado 15 de outubro (12.00-13.30 h): paseo con Lucía Aldao

-Sábado 29 de outubro (12.00-13.30 h): paseo con Eli Ríos

-Sábado 12 de novembro (12.00-13.30 h): paseo con Xulio López Valcárcel

 

Número de prazas por paseo: 55

A actividade está dirixida a maiores de 16 anos

REQUISITOS OBRIGATORIA inscrición previa

 

INSCRICIÓNS:

Na conserxaría do Centro Ágora ou chamando ao 981 189 888 (a partir das 9.00 h, en calquera dos casos), nas seguintes datas:

-Paseo do sábado 24 de setembro con Xosé Duncan: inscrición desde o venres 9 de setembro

-Paseo do sábado 15 de outubro con Lucía Aldao: inscrición desde o luns 3 de outubro

-Paseo do sábado 29 de outubro con Eli Ríos: inscrición desde o luns 17 de outubro

-Paseo do sábado 12 de novembro con Xulio López Valcárcel: inscrición desde o mércores 2 de novembro

 

24 de setembro: Xosé Duncan
Unha viaxe desde A Coruña de hoxe até a Negruña do século XXIV
A historia de Negruña non é máis que a da idade adulta da Coruña. Perdida a inocencia do século XX e castigada polas decepcións do XXI, a cidade aprendeu a marcar os seus propios ritmos, a ditar as súas propias normas. Durante a nosa andaina, asistiremos á convocatoria de emprego no Arquivo do Reino de Galicia, presenciaremos como os mariñeiros enfermos son recluídos no Castelo de Santo Antón e formaremos parte da reunión clandestina dos Fillos do Gas no Campo dos Menhires, da xestación desa revolta coa que os desposuídos queren castigar esa cidade que renegou deles.
 

15 outubro: Lucía Aldao
1º de Poeta
Eu son Lucía. Unha rapaza dos Mallos. Coma quen di, "una pava cualquiera". E ademais, poeta. Porque nos Mallos me criei, e aínda hai quen me tose, a pesar do que me aconteceu por causa miña.
 

29 outubro: Eli Ríos
Viaxe exprés das orixes á actualidade
Neste camiño mergullarémonos no berce da cidade e da literatura a través da literatura oral. As lendas, contos, textos... que forman o imaxinario das palabras.
 

12 novembro: Xulio L. Valcárcel
No ecoar dos pasos
"No ecoar dos pasos" será unha volta, unha recuperación da memoria doutro tempo a través da vida e da obra de autores/as que moraron nese espazo da Cidade Vella:  Emilia Pardo Bazán, Manuel Murguía, Rosalía de Castro, Francisca Herrera, Miguel González Garcés...

 

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión