Concello da Coruña

Concello da Coruña

Olga Castro explica na Biblioteca Ágora "Que é iso do feminismo?"

A profesora galega en Aston (Reino Unido) Olga Castro estará na Biblioteca Ágora para desmontar tópicos sobre o feminismo.

A quen vai dirixido?:

Público adulto e xuvenil.

Cando:

16/04/2014

Xa rematou

Horario:

19.00 horas.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora

Organiza:

Biblioteca Ágora

Que é iso do feminismo? pregúntase Olga Castro, autora -coa escritora María Reimóndez- do libro Feminismos (Xerais, 2012), con vontade divulgatica, lúdica e desprexuizada. Profesora na universidade británica de Aston, Castro é licenciada en xornalismo e tradución e interpretación, ademais de militante activa das causas do feminismo e a defensa da cultura galega.

Na súa charla, enfocada como un taller co que quere propiciar o debate e a participación das persoas asistentes, intentará debullar os conceptos básicos e desmontar os tópicos socialmente presentes hoxe en día sobre a cuestión da igualdade entre homes e mulleres.

A actividade, que terá lugar o mércores 16 ás 19 horas, enmárcase dentro do ciclo Conversas no Ágora, que a Biblioteca Ágora desenvolve dende a vontade de ofrecerse como espazo para o debate e a difusión de ideas.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión