As Bibliotecas Municipais da Coruña celebrarán a Semana do Libro con actividades literarias do 22 ao 27 de abril baixo o lema “Letras que unen, oficios que inspiran e historias que transforman”. Con actividades para públicos de tódalas idades: obradoiros, contacontos, recitais, faladoiros, mostras bibliográficas e unha solta de libros o 23 de abril.
Rapazada con idades comprendidas entre os 9 e os 14 anos.
Infantil, Xuvenil
24/04/2024
Xa rematou
Dende o 17/04/2024 ata o 24/04/2024
Require inscrición.
18.00 a 20.00 h.
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
981 189 886
Neste obradoiro, impartido pola debuxante e ilustradora Alba Farto, darás os primeiros pasos na técnica do lettering empregando diversas ferramentas: tinta, pincel, rotuladores. Aprenderás as bases para seguir practicando na casa e acabar escribindo con soltura, e por que non?, creando unha obra propia.
O lettering consiste en debuxar letras á man. Coñécese como a arte de debuxar letras bonitas. Falamos de debuxar e non de escribir, xa que cando escribimos facémolo de xeito mecánico e cando debuxamos facémolo pensando no resultado e no estilo. O lettering é a arte do debuxo.
Con este obradoiro búscase descubrir o desenvolvemento creativo, debuxar as letras e tamén favorecer a concentración e a relaxación.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible