Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Camiño dos Faros da Costa da Morte

Dous anos despois do seu nacemento, O Camiño dos Faros da Costa da Morte preséntase na Coruña. Nesta presentación queremos mostrar todo o traballo realizado ata o momento e as accións previstas para asegurar o seu futuro.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

06/03/2015, de 21:00 a 23:00

Xa rematou

Horario:

21.00 h

Duración:

2 horas

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade.

O Camiño dos Faros é unha ruta de sendeirismo de 200 quilómetros que une Malpica con Fisterra pola beira do mar. Un camiño que ten o mar como maior protagonista e que pasa por todos os faros e principais puntos de interese desta Costa da Morte.

O Camiño dos Faros percorre moitas paisaxes diferentes, sempre mirando cara ao mar e cara ao oeste. Faros, praias, dunas, ríos, cantís, bosques, estuarios cunha gran cantidade de aves, mares de granito, castros, dolmens, vilas mariñeiras, miradoiros ao mar que rompe de todas as formas posibles, postas de sol... unha ruta de sendeirismo coma poucas e que levará o camiñante a un mundo de sensacións únicas que só se poden gozar nesta Costa da Morte.

Os Trasnos somos un grupo de amigos que un día pensamos que era posible unir Malpica con Fisterra por un camiño á beira do mar. Saímos de Malpica e conseguimos chegar ao final, a través de rutas xa existentes e outros camiños que ían unindo toda a Costa da Morte; creamos na súa totalidade unha ruta de sendeirismo espectacular. Quedamos tan sorprendidos do que sentimos e do que vivimos que decidimos contarllo a todo o mundo. Dende ese día, moitos outros trasnos e trasnas seguíronnos, co que esta ruta converteuse nun proxecto colaborativo onde todos teñen cabida e onde só hai un obxectivo: que O Camiño dos Faros exista e que o faga moita xente, co máximo respecto á natureza.

Paralelamente realizarase en Ágora (do 2 ao 14 de marzo) a EXPOSICIÓN "O CAMIÑO DOS FAROS, UNHA PAISAXE EN CADA PASO", unha mostra de fotografías e acuarelas que realizaron 20 trasnos para reflectiren as sensacións que experimentaron ao longo do camiño.

PROGRAMA

  • 21.00 h: Presentación do Camiño dos Faros da Costa da Morte
  • 21.40 h: Charla coloquio
  • 22.00 h: Presentación do libro Salseiros, de Suso Lista
  • 22.20 h: Actuación musical da Traskiband

Máis información sobre O Camiño dos Faros: http://bit.ly/19YJngg

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión