Concello da Coruña

Concello da Coruña

Nocturnia 2014

Nova edición de NOCTURNIA, o programa de lecer para a xuventude da Concellería de Xuventude do Concello da Coruña que ofrece unha serie de actividades gratuítas para que a mocidade de 12 a 30 anos as teña en conta á hora de planificar as súas fins de semana.

A quen vai dirixido?:

Mocidade de 12 a 30 anos.

Cando:

Dende o 07/03/2014 ata o 07/06/2014

Xa rematou

Horario:

Diversos segundo a actividade.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Talleres gratuítos.

Requisitos:

Inscrición previa en www.coruña.es/nex

Páxina web:

http://www.coruna.es/servlet/Satellite?pagename=Nex/Page/Nex-Generica&cid=1207120231244&argIdioma=gl&itemID=1393553593380&itemType=Suceso

Organiza:

Concellería de Xuventude

Documentos:

Programa Nocturnia (2 MB)

Son actividades deportivas, artísticas, audiovisuais, recreativas etc., boa parte preparadas por asociacións e colectivos xuvenís coa única finalidade de que pases un momento agradable e divertido coa túa xente e con outras persoas.
 
COMO FAGO PARA PARTICIPAR EN NOCTURNIA
 
1. Bótaslles un ollo a todas as actividades. Mira as que sexan para a túa idade. Lembra que son para mocidade de 12 a 30 anos, aínda que algunhas poden concretar máis as idades dentro deste tramo.
 
2. Mira as datas, os lugares e as horas en que teñen lugar. Fíxate tamén no número de sesións.
 
3. Sabes onde está cada espazo? Poñémosche os enderezos para que non te perdas.
 
4. Se xa sabes a cales ir, INSCRÍBESTE!
 
Ah! Se as actividades son de continuidade, só tes que inscribirte unha vez.
  
*Inscrición nas actividades: www.coruña.es/nex

 IMPORTANTE: non esquezas traer o teu DNI ás distintas actividades en que te inscribas.
 
Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna (descargar aquí), ademais da copia do DNI da persoa que autoriza.
 
E, por último, para as actividades que precisen algo específico (roupa cómoda ou deportiva, bañador e gorro...) enviarémosche un correo electrónico ou SMS indicándocho.
 
  
SE TEÑO MÁIS DÚBIDAS?
 
Podes preguntalas a través do enderezo electrónico nocturniacoruna@gmail.com e no Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX).

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión