Ciclo de encontros con autores de recoñecido prestixio
Para público en xeral
Dende o 11/01/2017 ata o 01/03/2017
Xa rematou
Todos os encontros comezan ás 20.00 horas e realizaranse no Centro Ágora
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Libre e gratuíta ata completar a capacidade
Tel.: 981 189 888
A Concellería de Cultura do Concello da Coruña patrocina Libros en directo, un ciclo que ten como obxectivo principal achegar ao público coruñés as novidades editoriais máis importantes, creando un punto de encontro para as persoas afeccionadas á lectura, unha cita mensual onde poderán escoitar os seus autores favoritos contar, en directo, como foi o proceso de xestación do libro que nos ocupa, facendo un breve repaso da súa traxectoria e importancia no panorama literario español.
Libros en directo, grazas á súa periodicidade mensual e a calidade dos/as autores/as invitados/as, conseguiu situar A Coruña no mapa estatal das presentacións de libros, consolidar o Centro Ágora como o espazo de referencia para as actividades literarias de gran nivel, así como satisfacer a curiosidade do amplo espectro de lectores que poboan a nosa cidade.
Citas mensuais en ÁGORA ás 20.00 h
Programación primavera 2017
11 de xaneiro
"Asamblea ordinaria" de Julio Fajardo Herrero
1 de febreiro
"El gran imaginador" de Juan Jacinto Muñoz Rengel
1 de marzo
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible