Primeiro espectáculo do ciclo "Ilusiooóh!n" da compañía galega Pistacatro, no que se unen malabares, aéreos, acrobacias e clown con outras artes como a danza, o teatro físico e a comedia.
20/09/2014, de 21:00 a 22:00
Xa rematou
21.00 h
60 minutos
Os descontos aplícanse unicamente en venda anticipada.
Ambientado na época actual, Impreuna é un espectáculo mergullado integramente nos códigos artísticos do circo (malabares, aéreos, acrobacias e clown), todo isto, sen renunciar á fusion sen complexos con outras artes vivas como a danza, o teatro físico e a comedia.
O espectáculo descóbrelle ao espectador a vida interior do circo a través das vivencias dunha troupe de 7 artistas. As pequenas aventuras cotiás destes seis personaxes teñen como intención levar o público a participar dunha viaxe polo mundo das relacións en grupo, unha visita polos valores do circo: a amizade, a familia, o traballo en comunidade, a solidariedade e a cooperación.
VENDA DE ENTRADAS:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible