Concello da Coruña

Concello da Coruña

Impreuna

Primeiro espectáculo do ciclo "Ilusiooóh!n" da compañía galega Pistacatro, no que se unen malabares, aéreos, acrobacias e clown con outras artes como a danza, o teatro físico e a comedia.

A quen vai dirixido?:

Familiar

Cando:

20/09/2014, de 21:00 a 22:00

Xa rematou

Horario:

21.00 h

 

Duración:

60 minutos

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

  • Prezo especial inicio de ciclo: 9 euros
  • Carné xove, + 65, desempregados: 8 euros
  • Abono 3: 21 euros

Os descontos aplícanse unicamente en venda anticipada.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

Recomendado a partir de 12 anos.

Organiza:

IMCE

Documentos:

Programa do ciclo Ilusiooóh!n (257 KB)

Ambientado na época actual, Impreuna é un espectáculo mergullado integramente nos códigos artísticos do circo (malabares, aéreos, acrobacias e clown), todo isto, sen renunciar á fusion sen complexos con outras artes vivas como a danza, o teatro físico e a comedia.

O espectáculo descóbrelle ao espectador a vida interior do circo a través das vivencias dunha troupe de 7 artistas. As pequenas aventuras cotiás destes seis personaxes teñen como intención levar o público a participar dunha viaxe polo mundo das relacións en grupo, unha visita polos valores do circo: a amizade, a familia, o traballo en comunidade, a solidariedade e a cooperación.

VENDA DE ENTRADAS:

  • Despacho Central Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
  • Centro Sociocultural A Fundación Coruña: de luns a sábado (incluídos festivos) de 9 a 21 h
  • Despacho do Teatro Rosalía: só días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20 h
  • Televenda: 902 504 500 (de 8 a 22 h de luns a sábado) e www.servinova.com
Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión