Concello da Coruña

Concello da Coruña

II Edición Camiño dos Faros Sen Límites

Presentación do Camiño dos Faros sen Límites, unha proposta de rutas inclusivas que por etapas percorrerá o máxico Camiño dos Faros, unindo Malpica e Fisterra pola costa.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

22/02/2017

Xa rematou

Horario:

19.30 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Libre ata completar a capacidade

Contacto:

Tel.: 981 189 888

Estas 8 rutas inclusivas (comezan o 11 de marzo e rematan o 17 de xuño) realizadas en sábado pola tarde, ofrecen a posibilidade de gozar do contacto coa natureza descubrindo algunhas das paisaxes máis fermosas da nosa costa.

Cada etapa do camiño poderá alcanzar unha lonxitude duns 9 kms e contará con voluntari@s de apoio, membros de protección civil,...

Nesta segunda edición do Camiño dos Faros Sen Límites teremos a ocasión de gozar do tempo ao aire libre coñecendo algúns dos lugares de maior riqueza natural e inaccesibles, ata agora, para a diversidade de persoas que participemos.

Uns camiños onde compartiremos experiencias en igualdade, un motivo da existencia deste camiño inclusivo.

Porque este Inclusivo Camiño dos Faros Sen Límites dinos que nunca debemos perder o dereito a incluír, a compartir, ao recoñecemento da diversidade porque, senón, perderemos o dereito a ser libres.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión