Concello da Coruña

Concello da Coruña

Hangar Manicómico

A Asociación Cultural Manicómicos (A Coruña) organiza co apoio da Concellería de Cultura un proxecto de colaboración formativo con Michel Dallaire e o Hangar des Mines.

A quen vai dirixido?:

Artistas e público en xeral.

Cando:

Dende o 14/02/2015 ata o 20/10/2015

Xa rematou

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Segundo curso.

A Asociación Cultural Manicómicos nace en xaneiro do 2004 na Coruña, promovida por un grupo de artistas con distintos niveis de experiencia nas artes escénicas e cun interese común: investigar, estudar e difundir as artes escénicas e sobre todo a comedia.

Dende os seus inicios, un dos obxectivos de Manicómicos, á parte da organización do seu Festival Internacional de Teatro Cómico foi a organización de cursos de formación regulares, a través dos cales difundir as diferentes técnicas actorais e circenses, tanto ao seu tecido social como á cidadanía en xeral.

Ademais desta formación regular, atópase tamén, entre os obxectivos e as actividades de Manicómicos, a organización de cursos intensivos con algunhas das figuras máis destacadas do panorama cómico internacional. Pola súa sede pasaron grandes mestres como Carlo Colombaioni, Joseph Collard, Michel Dallaire, Nola Rae, Gurdi Huter, Leo Bassi, Jango Edwards, Johnny Melville, Pierre Byland...

Despois de tres anos consecutivos impartindo a través de Manicómicos o curso "A expresión do clown", vendo a cada vez máis notable repercusión a nivel nacional, e sentíndose moi ben acollido na nosa cidade, Michel Dallaire manifestou o seu desexo de crear unha sede da súa escola, o Hangar des Mines no sur de Francia, na Coruña.

O obxectivo é achegar a pedagoxía creada por Michel Dallaire, e que se imparte no Hangar des Mines, á cidade da Coruña, a través de Manicómicos, creando unha relación profesional de formación que se prolongue no tempo, cun carácter de exclusividade na organización dos cursos impartidos por Michel Dallaire en España.

Organizaríanse dous tipos de cursos:

- Cursos intensivos que actualmente funcionan na escola francesa, impartidos por profesores do Hangar das Mines. Estes cursos teñen unha continuidade e correlación entre si. Dirixidos a un público xeral, sen necesidade de experiencia previa, que queira introducirse ou profundar na arte do clown.

Cursos intensivos de "A expresión do clown" impartidos por Michel Dallaire e dirixidos a profesionais do clown, o circo e as artes escénicas a nivel nacional e internacional.

A proposta de formación exposta para o ano 2015 consiste na realización de catro cursos. Dous deles de carácter nacional/internacional, e outros dous máis enfocados ao panorama artístico galego, sen que restrinxan o acceso a alumnado doutras procedencias:

  • A EXPRESIÓN DO CLOWN I, con Christine Rossignol, que terá lugar do 14 ao 20 de febreiro do 2014, no Ágora.
  • CLOWN E TÉCNICA, con Emmanuel Sémbely do 1 ao 7 de abril do 2015.
  • A EXPRESIÓN DO CLOWN II, con Michel Dallaire do 2 ao 9 de xullo do 2015.
  • CLOWN E PRETEXTO, con Michel Dallaire e Christine Rossignol do 14 ao 20 de outubro do 2015.
Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión