Concello da Coruña

Concello da Coruña

Fronte a fronte. Álex Angulo e Paula Ortiz - Coruñafilm

A directora Paula Ortiz diseccionará a filmografía de Álex Angulo, comentando a súa experiencia cinematográfica. Un diálogo aberto no que o público tamén será partícipe.

Cando:

04/10/2013

Xa rematou

Horario:

21 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Libre ata completar capacidade.

Álex Angulo (Erandio, 1953). Sempre quixo ser actor. Aos 18 anos presentouse ao casting do grupo teatral Karraka, que dirixía Ramón Barea e comezou no mundo das táboas. En 1981 debutou no cinema da man de Imanol Uribe en La fuga de Segovia e, tras varios anos, comezaría unha carreira imparable con máis de 40 títulos e con varias gravacións e rodaxes de varias películas no mesmo ano: El anónimo, Todo por la pasta, El rey pasmado, Acción mutante, Marbella antivicio, Los peores años de nuestra vida, El día de la bestia, Hola, ¿estás sola?, Así en el cielo como en la tierra, Brujas, calor… y celos, Solo se muere dos veces, Carne trémula, Grandes ocasiones, Los años bárbaros, Muertos de risa, A mi madre le gustan las mujeres, El oro de Moscú, La crisis carnívora, Fuga de cerebros, Un mundo casi perfecto, Los muertos no se tocan ou De tu ventana a la mía, son algunhas delas. Actor fetiche de Álex de la Iglesia, protagonizou tamén a primeira curta do director, Mirindas asesinas, ademais de participar en máis dunha vintena de curtas con outros cineastas. Foi actor de dobraxe e traballou en máis de 20 series de televisión, como “Periodistas”, “7 vidas”, “Los Serrano”, “Cuéntame”, “Amar en tiempos revueltos”, “Tierra de lobos”, “Hermanos y detectives”, “La conspiración” e “Gran reserva”. Foi galardoado con 12 premios, entre eles 3 Goyas, Premio Ondas e Premio da Unión de Actores.

Paula Ortiz (Zaragoza, 1979). Tras licenciarse en Filoloxía Hispánica na Universidade de Zaragoza, realizou un master en Guión na Universidade Autónoma de Barcelona e np 2010 doutorouse cunha tese sobre a escritura de guións cinematográficos. Non en balde a escritura parece marcar o seu camiño: “Vánseche ocorrendo historias cando les noticias, cando falas con xente ou cando les novelas”, afirma. Profesora na Universidade de San Jorge en Zaragoza, Paula Ortiz fundou a súa propia produtora, Amapola Films, xunto a Kike Mora, Raúl García e Jesús Bosqued, combinando o sabor artesán dos contadores de historias co uso innovador e vangardista das tecnoloxías dixitais. Dende Amapola dirixiu a súa ópera prima, galardoada na Seminci 2011 e nomeada aos Goya ao mellor director novel: De tu ventana a la mía, un filme protagonizado por Maribel Verdú, Leticia Dolera e Luisa Gavasa. Ortiz rodou 5 curtametraxes e actualmente prepara a súa segunda película, unha adaptación da obra de Lorca Bodas de sangre.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión