Participan: Trío Acordeonia, Sons do Mendo, Grupo de Acordeóns da Asociación de Amigos do Acordeón e o Grupo de acordeóns da Escola Musical "Bieito Blanco"
12/07/2014, de 18:30 a 20:30
Xa rematou
18.30 h.
Entrada libre ata completar a capacidade
TRÍO ACORDEONIA
Trío de acordeóns formado no seo da Asociación, por Luis Correa, Beatriz Deus e Polo Pérez.
SONS DO MENDO
Sons do Mendo é un dúo formado por dous grandes mestres no seu instrumento: Sabela Caamaño, gran virtuosa do acordeón a pesar da súa mocidade e Xoán Carlos Rilo, gaiteiro de recoñecido prestixio. Este grupo, que interpreta tanto melodías tradicionais como de autor, mostra o resultado da conxunción sonora do timbre da gaita cos rexistros harmónicos e rítmicos do acordeón. Un proxecto que busca unha visión moderna e rica da nosa música tradicional.
GRUPO DE ACORDEÓNS DA ASOCIACIÓN
Este grupo está formado por membros da Asociación que leva o seu nome. O grupo na súa actual formación ten cinco anos de existencia e actuou nas habituais "Xuntanzas de Nadal", nos "Festivais de Acordeóns" e en varios centros cívicos. Está dirixido por Luis Correa, actual presidente da asociación. A súa principal característica é que todos os seus compoñentes aprenderon a tocar o acordeón despois dos cincuenta anos.
GRUPO DE ACORDEÓNS DA ESCOLA MUSICAL "BIEITO BLANCO" (OURENSE)
A ESMU Bieito Blanco fundada en 1996 polo seu actual director Bieito Blanco, foi a primeira escola de música recoñecida pola Xunta de Galicia en Ourense. Este grupo de acordeóns veñen actuando xuntos dende hai tres anos e as súas actuacións son sempre en eventos sen ánimo de lucro. Adoita ser un grupo de 9 acordeonistas, aínda que en eventos especiais únenselles os aumnos máis noveis para formar unha pequena orquestra de 22 membros.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible