Concello da Coruña

Concello da Coruña

Expresando o inexpresable: A Quinta Sinfonía de Mahler.

Como acompañamento á interpretación da Quinta Sinfonía de Mahler polo Natalia Ensemble (ás 20.30 h no Auditorio do Ágora) ofreceremos unha disertación sobre a obra, que irá acompañada de exemplos musicais e dunha presentación audiovisual, por Pablo Sánchez Quinteiro.

Cando:

29/07/2014

Xa rematou

Horario:

19.30 h

Duración:

Media hora

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade. (Aula 9: 90 prazas)

Nesta charla repasaremos aspectos biográficos do compositor e outros máis específicos sobre a obra para así intentar responder a unha pregunta tan sinxela como crucial: Que quixo expresar Gustav Mahler na súa Quinta Sinfonía?

As obras mestras da historia da música, como é o caso das sinfonías mahlerianas, non só se caracterizan por unha xenial inspiración e por unha enorme complexidade técnica senón tamén porque foron creadas como expresión da voz máis íntima do seu autor. Grazas á música este transmite sentimentos e emocións inexpresables doutra maneira, mesmo mediante artes tan explícitas como a pintura ou a literatura.

Versións de cámara das sinfonías mahlerianas como a que esta noite se interpretará, foron impulsadas por Arnold Schoenberg e o seu círculo precisamente no contexto da procura da esencia destas partituras, e non só como un intento de facilitar a difusión da música sinfónica da súa época.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión