Segundo espectáculo do ciclo "Ilusiooóh!n" da compañía Capicúa, intérnate nun mundo máxico e absurdo, poético e cómico. Premio do público ao mellor espectáculo de Teatro-Circo na Feira Internacional de Teatro e Danza de Huesca 2013.
11/10/2014, de 21:00 a 22:50
Xa rematou
21.00 h.
50 minutos
Venda anticipada: 12 euros
Día de función, prezo único: 15 euros
Recomendado a partir de 12 anos.
Soa o espertador, érgome da cama e como cada día preparo un café. De súpeto, na miña man, en lugar dunha cunca aparece un zapato. Co zapato na man busco unha resposta e atopo unha muller...
Estou soñando ou estou esperto? Se isto é un soño, por favor non me esperten. Que pasa cando os personaxes dun soño soñan e encóntranse? Que é imaxinario e que é real? Entredos intérnate nun mundo máxico e absurdo, poético e cómico, onde non saberás se estás esperto ou soñando.
VENDA DE ENTRADAS:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible