O programa de Cibervoluntariado é un novo servizo da Biblioteca Ágora, deseñado para apoiar e axudar na resolución de dúbidas aos usuarios e usuarias da sala de ordenadores da nosa biblioteca.
Persoas usuarias da sala de ordenadores da Biblioteca Ágora.
Dende o 25/08/2013 ata o 30/06/2014
Xa rematou
Todos os días, ás veces polas mañás e outras veces polas tardes, haberá voluntariado en Ágora para apoiar nesta cuestión. Para coñecer os horarios concretos é preciso pasar pola biblioteca ou chamar ao 981 189 886.
Servizo gratuíto.
CÓMO FUNCIONA
En moitas ocasións as persoas usuarias da sala de ordenadores precisan de axuda puntual para cuestións básicas no manexo do ordenador e de Internet. As e os cibervoluntari@s da biblioteca serán as persoas encargadas de resolvérllelas e explicarlles o funcionamento daquilo que requiran.
Ademais desta función de apoio, despois do verán as e os cibervoluntari@s impartirán pequenas pílulas formativas dun día, centradas nas cuestións que con máis frecuencia lles foron requiridas durante os meses anteriores.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible