Proposta de campamento urbano no Fórum Metropolitano e no Centro Ágora, nas datas non lectivas de Nadal.
Nenas e nenos nados entre 2004 e 2012, agrupados por idades.
Familias
Dende o 22/12/2016 ata o 05/01/2017
Xa rematou
Desde as 10.00 ás 14.00 h, os días indicados. Coa posibilidade de ampliación horaria para a conciliación familiar: de 9.00 a 10.00 h.
Campamento: 35 € - Coa ampliación horaria: 40 €
Fórum Metropolitano: 981 184 293
Centro Ágora: 981 189 888
Contos do revés é unha homenaxe a Roald Dahl (Cardiff, 1916 - Oxford, 1990) polo 100 aniversario do seu nacemento. Seguro que lembrades con agarimo as obras deste novelista e autor de contos galés de ascendencia norueguesa, famoso como escritor para nenos e adultos. Entre os seus libros máis populares están Charlie e a fábrica de chocolate, Yago e o pexego xigante, Matilda, As bruxas e Muá, Muá.
Por este motivo transformaremos o mundo nun gran conto cada día, con personaxes divertidos, fantasiosos e máxicos. Dunha forma amena soñaremos e riremos cos seus contos, e os títulos da infancia de varias xeracións continuarán nos nosos fillos e fillas.
Duración:
Os días 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro do 2017.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible