Concello da Coruña

Concello da Coruña

AGRA DIRECTO. Sostenibilidade

En SOSTENIBILIDADE, durante a semana do 13 ao 19 de outubro, o Festival Agra Directo creará espazos verdes de encontro e convivencia para os veciños do barrio, concibidos baixo as premisas de participación colectiva, sostenibilidade e economía de medios.

A quen vai dirixido?:

Público en xeral.

Cando:

Dende o 13/10/2014 ata o 19/10/2014

Xa rematou

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuítas.

Requisitos:

Algunhas actividades requiren inscrición previa en agradirecto@coruna.es. Consulta o formulario de inscrición previa dentro da ficha de cada actividade.

O prazo de inscrición finaliza 2 días antes do comezo de cada actividade.

No caso de inscrición de menores, é necesario presentar unha autorización asinada de pai/nai ou titor/a.

Páxina web:

http://www.coruna.es/agradirecto

Agra Directo é tamén un foco de difusión de arte emerxente e un trampolín para creadores locais que mostrarán proxectos artísticos de maneira aberta e gratuíta nas rúas, prazas e comercios do barrio contando coa participación de todos os veciños.

A sección oficial divídese en CATRO EIXOS TEMÁTICOS, un por cada unha das catro semanas do Festival: Arte urbana, Fotografía, Sostenibilidade e Artes escénicas.

TERCEIRA SEMANA: SOSTENIBILIDADE

Urbanlab realizará unha intervención nun dos muros periféricos do Centro Ágora que conectará, por unha banda, a natureza espontánea xa existente froito da choiva e a humidade; por outro, un ecograffiti de musgo que se integrará na estrutura do muro.

Como actividades paralelas, o colectivo MAGA expoñerá "Outra mirada sobre o barrio da Agra", un Encontro sobre arquitectura de xénero aberto ao público no Centro Ágora (17 de outubro).

Pola súa banda, SaborPlace ensinará, nun taller práctico para veciños maiores de 60 anos, os principios da agricultura biolóxica, fomentando o seu contacto directo coa natureza e o medio ambiente no Parque dos Mariñeiros (18 outubro).

Ademais, o Centro Ágora acollerá un Encontro veciñal moderado por Urbanlab no que os veciños compartirán as súas ideas e suxestións para mellorar o barrio e xerar un debate construtivo de convivencia (18 de outubro).

Agra Directo forma parte do proxecto Urbana C da Concellería de Cultura do Concello da Coruña co financiamento dos fondos europeos FEDER.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión