Concello da Coruña

Concello da Coruña

AGRA DIRECTO. Proxecto Window

O Proxecto Window consiste na intervención artística dun dos edificios máis altos do barrio, as tres torres que ocupan o número 276 da Ronda de Outeiro. Realizado por Héctor Francesch e un equipo de 20 colaboradores.

Cando:

Dende o 29/09/2014 ata o 03/10/2014

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 18/09/2014 ata o 26/09/2014

Horario:

De 16.00 a 20.00 h.

Prezo:

Gratuíto.

Requisitos:

Inscrición previa en agradirecto@coruna.es ou no Ágora, enviando o formulario cuberto.

Páxina web:

www.coruna.es/agradirecto

Documentos:

Formulario de inscrición Proxecto Window (176 KB)

O Proxecto Window representa a multiculturalidad da Agra do Orzán, un barrio no que conviven persoas de diferentes culturas e razas procedentes de recunchos de todo o mundo.

Convidando a todos os veciños a participar, o proxecto consiste na intervención dun dos edificios máis altos do barrio, as tres torres que ocupan o número 276 da Ronda de Outeiro.

Papeis celofán de cores cubrirán o maior número de ventás deste edificio. Á noitiña, cos veciños nas súas casas, percibirase dende a rúa un edificio con ventás de diferentes cores que representan a diversidade cultural e social do barrio. Cada día novos papeis irán sendo colocados nas ventás, permitindo así ver como crece a intervención.

Para o desenvolvemento desta obra é fundamental a axuda dos veciños do barrio e en especial dos habitantes do número 276 da Ronda de Outeiro.

Ao finalizar a montaxe levaranse a cabo dúas sesións fotográficas de documentación da acción no edificio, a primeira o sábado 4 de outubro e a segunda e definitiva o domingo 5 de outubro. Ambas consistirán no acendido da maior cantidade de habitacións posibles entre as 21.00 h e as 22.00 h.

O domingo 5 durante a hora de acendido convidarase a todos os veciños colaboradores a baixar á rúa para ver e fotografar a acción.

QUEN: Héctor Francesch http://www.hectorfrancesc.com e un equipo de 20 colaboradores.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión