Coruña Sostenible

Servizo de RECOLLIDA E ADOPCIÓN
de animais domésticos

Trámites

Apartado para obtención de licenza de animais potencialmente perigosos Licenza para a tenencia de animais potencialmente perigosos

Descarga de formulario de licencia en PDFDescargar formulario de solicitude de licencia

Descarga de instrucións para licencia en PDFInstrucións

O propietario, posuidor ou tenedor dun animal considerado como potencialmente perigoso debe obter a licenza administrativa municipal no Concello onde reside.

Documentación a achegar á solicitude para a obtención da licenza:

  1. Fotocopia do D.N.I.
  2. Abono da taxas previstas nas Ordenanzas Fiscais nº 1 (taxa por tramitación ou expedición de documentos administrativos) e 10 (taxa por prestación de servizos de sanidade preventiva, relacionados con animais de compañía): 10,38 euros e 35,36 respectivamente.
  3. Fotografía tamaño carné.
  4. Certificado de non ser sancionado por infraccións graves ou moi graves da Lei 50/1999, de 23 de decembro, sobre o Réxime Xurídico da Tenencia de Animais Potencialmente Perigosos. (Lugar de obtención do certificado: Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente, Edif. Administrativo Monelos, Praza Luís Seoane, s/n. Tlf. 981-18.45.39 /981-18.44.99)
  5. Certificado de capacidade física e de aptitude psicolóxica, emitido polos directores dos Centros Médico-Psicotécnicos de recoñecemento que estean debidamente autorizados.
  6. Xustificación da subscrición e formalización para o animal dun seguro de responsabilidade civil por danos a terceiros, onde se especifique claramente que o animal ten unha cobertura mínima de 125.000 euros. Acreditarase mediante a presentación de copia compulsada da Póliza de Seguro ou ben mediante a presentación dun certificado acreditativo da compañía de seguros correspondente.
  7. Copia compulsada do último recibo do seguro.

Apartado para inscrición de animais potencialmente perigosos Inscrición no rexistro de animais potencialmente perigosos

Descarga de formulario de rexistro en PDFDescargar formulario de rexistro

Descarga de instrucións en PDFInstrucións

O titular da licenza para a tenencia de animais potencialmente perigosos deberá inscribir o animal no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos do Concello de residencia habitual do animal, no prazo de 15 días contados a partir da obtención da licenza, de conformidade co disposto no art. 4.1 do Decreto 90/2002, achegando a seguinte documentación:

Datos do solicitante  (propietario, posuidor ou tenedor):

  1. Nome e apelidos
  2. D.N.I.
  3. Enderezo e teléfono de contacto.
  4. Licenza municipal para a tenencia de animais potencialmente perigosos (Indicar nº de licenza e data de expedición). Se se obtivo noutro Concello, achegar fotocopia da mesma.
  5. Se a licenza se obtivo noutro Concello: Xustificación da subscrición dun seguro de responsabilidade civil cunha cobertura mínima de 125.000 euros (acreditarase mediante a presentación de copia compulsada da póliza de seguros ou ben mediante a presentación dun certificado acreditativo da compañía de seguros correspondente).

Datos do animal

  1. Nome, especie, raza, sexo, data de nacemento, características externas identificatorias, enderezo do animal.
  2. Copia compulsada do documento acreditativo da implantación do microchip do animal asinado por veterinario autorizado.
  3. Aptitude (función do animal): Compañía ou garda, defensa, caza.

Normativas

Enlace a NormativasConsultar normativa de Flora e Fauna

Servizo de recollida e adopción de animais domésticos | Área de Medio Ambiente | Coruña Sostible
Coruña 800