- Castellano |
- Galego |
Servizo de RECOLLIDA E ADOPCIÓN
de animais domésticos
Goza educando e practicando deporte coa túa mascota
Porque o adestramento e a educación canina non só serven para modificar e solucionar problemas de conduta non desexadas nas nosas mascotas, dende aquí querémosche animar a que goces practicando diferentes deportes e actividades coa túa mascota. A continuación detallámosche algúns exercicios que podes practicar:
Agility:
Nesta modalidade o can deberá realizar o percorrido dunha pista con diferentes obstáculos (establecidos por un xuíz) sen colar nin correa obedecendo as ordes do guía para superar o percorrido no menor tempo posible e sen ser penalizado por rehuses, derribas... etc.
Obediencia de competición:
A educación levada á competición en pista, trátase de executar coa maior precisión posible unha serie de exercicios (posicións, saltos, cobro de obxectos...) marcados por un regulamento oficial e cualificados por varios xuíces, onde se terá en conta a compenetración entre o can e o guía, a perfección da execución e velocidade dos exercicios cunha serie de puntuacións finais.
Freestyle:
Menos coñecido e practicado que os anteriores, pero moi divertido, trátase de realizar unha coreografía acompañada de música co teu can, O obxectivo de cada representación é demostrar as habilidades do teu can en forma creativa e artística, acompañando con música os seus movementos.
Flyball:
Carreira de substitucións con catro saltos, a proba consiste na competición entre dous equipos de cans, os cales deberán de superar catro saltos, accionar o pedal que expulsa unha pelota, collela e realizar o percorrido en sentido contrario.
R.C.I ou Schutzhund:
Este regulamento consta de tres disciplinas, rastrexo, obediencia e protección.
Na sección de rastro, o can deberá seguir mediante o seu olfacto un rastro realizado con antelación por un trazador e marcar unha serie de obxectos depositados polo mesmo.
Na sección de obediencia, o can deberá executar unha serie de exercicios (sentado, deitado, chamada, apport...) coa maior precisión posible.
Na sección de protección, o can deberá realizar unha serie de exercicios de defensa, os cales son a procura do malfeitor (figurante), ataque en fuxida, condución do malfeitor cara ao xuíz para finalizar un ataque lanzado.
Mondioring:
Contempla tres probas, obediencia, na que o can debe realizar diferentes exercicios. Saltos, avalíanse as características físicas do can a través de diferentes saltos e para rematar está a defensa, na que se realizan exercicios para comprobar que o can é capaz de gardar un obxecto, defender ao dono, etc.
